Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Móvete 2012” un espazo alternativo para as vacacións estivais

RR_Noticias

O club Baloncesto de Redondela organiza nos meses de xullo e agosto o I Campamento “Móvete 2012” orientado a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade. As actividades desenvolveranse no IES Mediño e arrancarán ás 10:00 da mañá ata as 20:00 horas. Os prezos oscilan dependendo das horas de asistencia dos rapaces, sendo o prezo dunha quincena en xornada completa con comida de 150 euros.

O campamento realizarase nos meses de xullo e agosto en horario de mañá e tarde dende as dez ata as oito, con opción dunha aula matinal para aquelas familias que por diversos motivos deban deixar aos seus nenos dende as oito da mañá. No programa contémplase que os rapaces realicen actividade lúdicas como xogos predeportivos, festas temáticas, maquillaxe, xogos populares, saídas e xogos na praia. Ademais cada unha das quincenas terá un eixe temático: a primeira tratará sobre o Mar, a segunda sobre os Xogos Olímpicos, a terceira sobre a Natureza e a cuarta sobre as Tradicións e Festas de Redondela. O presidente do club organizador, Carlos Núñez explicaba que o obxectivo do programa é facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, motivo polo que o campamento contará ademais cun servizo de comedor realizado polo Cátering Arelas, de 14 a 16 horas. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 26 de xuño e os prezos varías dependendo das horas de asistencia dos rapaces xa que se pode optar pola xornada completa con ou sen comida o que suporía 100 ou 150 euros por quincena, ou ben pola media xornada que ascende a 75 euros. Hai tamén posibilidade máis personalizadas, podendo deixar aos cativos unha ou dúas horas diarias, unha segmentación que quere dar resposta ás necesidades particulares de cada familia e ás diferentes posibilidades económicas. As persoas interesadas poden consultar toda a información no enderezo www.cbredondela.blogspot.com. E tamén presentar as súas solicitudes no Multiusos da Xunqueira.  

Carlos Núñez presidente Club de baloncesto
Un dos obxetivos do Campamento e´conciliar a vida laboral e familiar
Actividades e horarios variados
o programa inclúe actividades variadas e cada familia pode adaptar os horarios a súa situación particular

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará