Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Proxección do documental “As silenciadas”

RR_Noticias

O colectivo Republicano proxecta hoxe xoves ás 21:00 horas  no Multiusos o documental “As silenciadas” de Pable Ces, unha investigación realizada pola profesora Aurora Marco sobre as guerrilleiras galegas, mulleres dobremente esquecidas malia o seu papel fundamental na resistencia en Galicia.

As silenciadas é un documental histórico que recupera historias de vida, inseridas no seu contexto, de numerosas mulleres que andaron na clandestinidade ou apoiaron desde a chaira o movemento guerrilleiro. Por defendelo, foron duramente represaliadas: morte, cárcere, tortura física e psicolóxica, exilio… O seu papel foi fundamental na supervivencia deste movemento de resistencia e así se reflicte no documental a través das numerosas testemuñas recollidas. A programación cinematográfica organiza polo Colectivo Republicano para este mes de xuño completarase coa proxección o xoves 21 do traballo conxunto de Susana Guardiola e Françoise Polo “Voces de Mozambique” sobre as mulleres africanas que loitan polo desenvolvemento en África  e o xoves 28 do título “23” unha cinta baixo a dirección de Helena Billares que parte da noite do 23 de febreiro de 1981 e da situación e o momento que na data do golpe de estado están a vivir 23 personaxes, a quen se recupera 23 anos despois.  

Trailer "As silenciadas"
O documental recolle as testemuñas dos familiares das guerrilleiras galegas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará