Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Protesta veciñal en Chapela para denunciar o ano de peche da piscina da parroquia

RR_Noticias

A Asociación de afectados pola ampliación da autoestrada Ap.-9 ao seu paso por Chapela convocan esta tarde ás 19:30 horas unha concentración veciñal cando se cumpre un ano dende que se deran pro rematadas as obras da piscina sen que ata o de agora teña aberto as súas portas aos usuarios, á espera de que se celebre un novo concurso de adxudicación para a súa posta en marcha.

Os veciños da parroquia critican que a obra cun orzamento inicial de 3’2 millóns de euros con cargo ao Plan E acabase custando “case seis millóns de euros” algo que entenden é “resultado do malgasto vivido na época das vacas gordas”.
A protesta convocada para hoxe venres terá lugar ás 19:30 horas no paseo de Cardona forte ao edificio que estaba previsto que albergase o centro de deportes acuáticos e que finalmente parece quedou reducido a unha piscina aínda por inaugurar de facto.
Animan a que os que se acheguen á protesta o fagan con traxes e equipos de baño.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará