O grupo redondelán que integran Fabio, Calia, David e Fermo formará parte da xira nacional do Red Bull Tour logo de ser unha das tres bandas gañadoras no concurso de música organizado por esta firma comercial.
Un vídeo caseiro rodado na cociña dun dos integrante da banda serviulles primeiro para pasar a criba inicial na que eran os internautas cos seus votos os que decidían que grupo dos seiscentos presentados pasaban a unha segunda fase. Superada a primeira proba o grupo logrou tamén o favor do xurado, formado por membros de festivais de música, músicos, xornalistas e expertos musicais, que os elixiu xunto a outras dúas bandas: Niño Burbuja e Bel Bee Bee. Belöp é unha agrupación cuxo estilo definen como synth pop e que xa teñen logrado importantes premios como o Maketón Estrella Galicia 2009 (Premio mellor maqueta), O Musicaxove 2010 ou o Barakaldo pop-rock 2010 entre outros. Ademais o ano pasado a súa canción “Cathing her breath” protagonizou o anuncio de Mango para o lanzamento da súa nova fragancia. Actualmente os inegrantes de Belöp están a traballar no que será o seu primeiro disco de longa duración, composto por dez temas baixo a producción de Pablo Iglesias.