Foi a persoa propietaria do terreo situada nas proximidades do Camiño do Tanque, a que chamou á Policía Local para alertar de que na súa leira había sete macetas con plantas cuxa procedencia descoñecía. Os axentes incautáronse das macetas para proceder a súa posterior destrución.
As oficinas da Policía Local de Redondela recibían a última hora da mañá de onte a chamada dun veciño de Cesantes, quen dende había varios días localizara nunha leira da súa propiedade situada no Camiño do Tanque un total de sete macetas de procedencia descoñecida.
Unha vez no lugar os axentes comprobaron que se trataba de plantas de marihuana de entre 80 centímetros e un metro de alto polo que procedeu a requisar as macetas.
As plantas foron trasladas ás dependencias policiais e remitidas posteriormente ao Servicio de Sanidade da Delegación do Goberno para proceder a súa destrución.