Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fomento revisa o proxecto de ampliación da AP-9 e negocia a rebaixa da peaxe en Rande

RR_Noticias

O secretario de estado de Infraestruturas, Rafael Catalá confirmou no Congreso que o goberno está a revisar “a solución construtiva” prevista para aqueles tramos da AP-9 que estaba previsto ampliar, en referencia concreta ao tramo que vai dende Cangas a Teis e que afectaría de cheo a Chapela. Asegurou ademais que se negocia rebaixar a peaxe entre Vigo e Pontevedra “porque se trata do tramo de autoestrada coa peaxe máis alta”.

O alto cargo do Ministerio de Fomento  respondía así a unha pregunta realizada pola deputada nacionalista, Olaia Fernández Davila quen pedía información sobre as intencións do goberno do PP de cumprir co establecido no Real Decreto de novembro de 2011 que contén a proposta de ampliación da AP-9 na Ponte de Rande e que fora aprobado polo anterior executivo. Neste sentido, a representante do BNG subliñaba que o proxecto que prevé a ampliación de rande “Non resolvería os problemas de colapso de tráfico existentes xa que colapsaría o tráfico na saída de Vigo” e provocaría ademais un severo impacto ambiental, cultural e social nas poboación afectadas” entre elas a parroquia de Chapela. Criticaba ademáis que o goberno do PP teña dado pasos  de cara a tramitar o Real Decreto, cando o PP en Vigo estivo sempre en contra da ampliación. O representante de Fomento alegou que o Ministerio se atopou co Decreto xa aprobado polo anterior goberno pero que están a “revisar o seu contido”. Concretamente puntualizou que se está analizar a demanda de tráfico, que rexistra unha caída como en todas as autoestradas, aínda que “en momento puntuais como no verán hai problemas de colapso á altura de Rande e en Santiago porque non hai capacidade suficiente” motivo polo que é necesario estudar a posible solución construtiva proposta para ampliar a Ponte. Asemade, sinalou que “están a revisar a política tarifaria porque se trata do tramo de autoestrada coa peaxe máis alta” e considerou que procede facer algunha revisión. En conclusión, indicou que se está a revisar o  Real Decreto cos trazados de ampliación da AP-9 dun duplo aspecto: a solución construtiva e a política tarifaria para que sexa “máis equitativa”.  

Rafael Catalá Ministerio de Fomento
Afirmou que o PP está a estudar novas solucións contrutivas para Rande
Posible rebaixa na peaxe
Falan no MInisterio dunha revisión da política tarifaria en Rande
Olaia Fernández Davila BNG
A nacionalista lembras as alegacións presentadas polo seu grupo á proposta de ampliación
Non resolve os problemas de tráfico
O BNG pregunta se hai camios na posura inicial do PP que en Vigo semrpe se manifestaron en contra da ampliación

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará