A Concellería de medio Ambiente concedeu un total de 47 permisos a asociación veciñais, colectivos culturais e sociais e veciños a nivel particular que solicitaron a autorización pertinente para poder facer unha fogueira na noite do sábado na que o lume vai estar moi presenta na nosa vila habida conta do elevado número de peticións realizadas. Unha fogueira que en Cabeiro está enmarcada dentro das festas na honra de San Xoán.
Dende o departamento de Medio Ambiente lembran que estes permisos son imprescindibles para garantir unha noite sen incidencias e insisten en que se repecte unha serie de medidas de seguridade que pasan por manter unha separación entre as fogueiras e os edificios e as árbores de como mínimo doce metros. Lémbrase tamén que está prohibida a queima de pneumáticos, plásticos, aceites e calquera outras substancia que poida desprender fume contaminante.
Festas de Cabeiro
A parroquia de Cabeiro vive ademais nestas datas as celebración na honra de San Xoán que arrancará o sábado ás 20:00 hora cunha gran sardiñada e verbena a partir da medianoite a cargo do grupo América e o Trío Solimar.
A programación continuará o domingo e o luns con actividades relixiosas, música e verbena.
Pero son moitos os colectivos que animan aos veciños a participar na súa festa de San Xoán, como por exemplo a Comisión de festas da Virxe das Dores que organiza o sábado a partir das 19h no torreiro da festa da Teixeira (A Gándara) unha sardiñada e fogueira de San Xoán. Un festivo no que haberá sardiñas, viño e pan de millo, e no que non faltará a música coa actuación das charangas Rías baixas e Taboadelo, haberá sorteos especial e fogueira a medianoite. Contarase tamén cunha pantalla xigante para seguir o partido de España.
Tamén en Saxamonde celebran esa noite na Área Recreativa do Chan das Pipas, poderanse degustar sardiñas con pan de broa a partir das 22:30 e gozar da música do grupo “Fol Furado”. O acendido da fogueira terá lugar na medianoite.