Cinco parroquias acollen durante o mes de xullo un programa de actividades orientado a nenos de idades comprendidas entre os 4 e os 14 anos que se desenvolverá en horario de 9:30 a 13:30. Para participar é preciso inscribirse antes do mércores día 27 no rexistro do concello. A ficha de solicitude pode descargarse da páxina web do Concello ou no CIM de Redondela ou Chapela.
A Concellería de Servizos Sociais, Muller e Igualdade, que dirixe Teresa París, ten aberto o prazo para se inscribir no programa Verán con Simona co obxectivo de promover a conciliación da vida familiar e laboral durante as vacacións estivais, ao tempo que ofrecer a posibilidade de que nenas e nenos dispoñan dun espazo lúdico alternativo neste periodo. Esta actividade, dirixida a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 4 e os 14 anos, cuxa nai ou pai estea empadroada/o como mínimo un ano no Concello de Redondela, desenvolverase durante todo o mes de xullo en cinco parroquias en horario de 9:30 a 13:30, contando a actividade cun total de 180 prazas. Os lugares da actividade serán o Centro Cultural de Cedeira, a Asociación cultural Santa María do Viso, o centro Cultural Chan das Pipas de Saxamonde, o Multiusos do Piñeiral do Crego en Chapela e o pazo de Pousadouro en Redondela. Para poder participar é preciso presentar a ficha de solicitude antes do 27 de xuño no Rexistro do Concello de Redondela, acompañada de volante de empadroamento. Por outra banda dende a Concellería piden a colaboración de persoas voluntarias que estean interesadas en apoiar de xeito altruísta o desenvolvemento desta actividade, para o que deben contactar co CIM persoal telemática ou telefonicamente nos números 986 40 80 43 e 986 45 89 93.