Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A oposición en bloque presenta unha moción contra a lei de augas de Galicia

RR_Noticias

PSOE, BNG e AER presentarán no pleno ordinario do xoves unha moción na que solicitan de xeito conxunto a derrogación da lei de augas de Galicia por entender que o o obxecto da norma aprobada pola xunta supón unha regresión sobre a actual situación. Critican ademais o afán recadatorio da lei, que pode até triplicar os recibos aos particulares así como supor unha “porta aberta á privatización dun ben público fundamental como é a auga”.

A lei, aprobada polo Parlamento Galego abre un panorama, segundo os grupos da oposición “regresivo por canto avanza un modelo de xestión das augas do país caracterizado polo afán recadatorio e privatizador ao respecto dun ben fundamental como é o auga”.
O texto contempla varias cuestións que supoñen unha regresión sobre a actual situación e que moven á Plataforma pola Derrogación da Lei de Augas de Galicia, a recadar un pronunciamento neste sentido por parte do Pleno do Concello de Redondela.
Lembran estas formación políticas que a lei galega apróbase malia algunhas consideracións negativas que formula o Consello Consultivo de Galicia, no que afecta ao canon, ao dubidar da súa oportunidade no actual intre de crise económica.
En canto á función recadatoria da lei salientan que esta norma formula a previsión dun incremento dos ingresos derivados da recadación dun 100%, pasando dos 34 millóns de 2010 aos 68,5 millóns deste exercicio. Custos que recaerán particularmente nos usos domésticos, isto é, na cidadanía, para privilexiar os usos industriais.
Pola contra a Lei non pon a énfase na regulamentación dos usos da auga, nin nas estratexias para evitar a súa contaminación, nin na redución do consumo. Dende o punto de vista ambiental nada ou case nada achega esta norma, en canto se limita a reproducir as obrigas derivadas das lexislacións estatal e da Unión Europea
Por estes e outros motivos solicitan que o pleno do Concello inste á xunta a derrogar esta normativa e que dende o goberno galego se garanta a xestión pública e participativa da auga que impida facer negocio co seu uso, captación, subministro e coa súa depuración.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará