O concurso de adxudicación valorará melloras como a construcción dunha piscina infantil, dun spa ou dunha pista de pádel. O PSOE pide a inmediata posta en marcha da comisión de investigación para aclarar as “supostas irregularidades” que levan a que un ano despois a piscina de Chapela continúa coas portas pechadas e que o seu custe se teña elevado notablemente respecto do orzamento incial.
O novo prego de condición para a adxudicación do Centro de Deportes Acuáticos de Chapela aprobouse por unanimidade no pleno municipal celebrado onte e establece un período de concesión de quince anos prorrogable outros dez. No concurso de adxudicación teranse en conta unha serie de melloras como a consturcción dunha piscina infantil ou un spa así como a construcción dunha pista de padel no exterior do edificio. As condicións para a concesión do servicio establece tamén, segundo explicou o voceiro do PP, Alberto Pazos, que a empresa adxudicataria deberá asumir a urbanización do contorno da piscina, coa creación dun aparcamento e beirarrúas. Coa aprobación das novas bases a corporación espera desbloquear o proceso de adxudicación do Centro de deportes acuáticos e facer posible así a súa apertura, cando se cumpre un ano dende que as obras se deran por rematadas. No proceso de adxudicación celebrado con anterioridade tan só se presentou unha empresa que non cumpría cos requisitos esixidos, polo que o concurso quedou deserto. Todos os grupos da oposición amosaron a súa conformidade co documento aprobado, pero dende o PSOE criticaron a demora do goberno “que tardou un ano en presentar o novo prego de condicións” e fixo un chamamento para que no prazo máis breve posible se poña en marcha a comisión de investigación da piscina aprobada polo pleno hai dous meses. O voceiro do POSE, Luís Orge, demandaba unha maior presa á hora de convocar dita comisión para “que se deixe de falar de supostas irregularidades por parte do goberno anterior”