A carreira, que se desenvolverá o domingo e que ten un percorrido de seis quilómetros, espera contar coa participación de máis de 400 corredores adultos e 250 nenos. A cita deportiva memorial Juan Crespo serve para lembrar a un dos principais corredores da comarca que cando eran moi poucos os que practicaban o atletismo organizaba estes eventos deportivos para incrementar a afección.
O domingo celebrarase a quinta edición da carreira popular semiurbana Vila de Redondela, que ata o ano pasado estivera organizada pola piscina e que agora queda en mans da recen nacida Asociación Deportiva CAR (Club Atletismo Redondela). Unha entidade deportiva que segundo explica o seu presidente, Francisco Otero nace co obxectivo de animar a maiores e pequenos a practicas diferentes modalidades deportivas que non contan con tanto predicamento como o fútbol ou o balonmán. A primeira das súas actividades pasa pola organización desta carreira semiurbana que partirá ás 10:30 horas do domingo dende o concello para continuar ata Cesantes e regresar ao punto de partida. En total seis quilómetros de percorrido de dificultade baixa o que permite que calquera persoa poida participar e superar o percorrido, que os máis expertos poderán rematar en menos de 20 minutos. As inscricións están abertas ata a medianoite de mañá na páxina web www.championchipnorte.com é o custe e de 4 euros, un dos cales será cedido á Asociación Lenda. Tamén se poden realizar esas inscricións na axencia de viaxes Loa ou no Multiusos da Xunqueira.