Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cobra forza o móbil do roubo no asasinato do Viso logo de que un menor se entregase na Policía

RR_Noticias

Un menor, de 15 anos de idade e residente nas proximidades da vivenda da Nogueira no Viso na que se produciu o asalto no que faleceu Carmen Sánchez de 72 anos de idade, entregouse na mañá de hoxe nas dependencias da Policía. O mozo apareceu de forma voluntaria acompañado por algúns familiares. O Concelleiro de Seguridade, Arturo Fernández, pide prudencia á hora de valorar os tráxicos acontecementos sucedios na xornada de onte e adianta que, logo dos últimos contactos mantidos coa Policía Nacional cobra forza o móbil do roubo fronte a outras posibles hipóteses. 

O home da falecida, Antonio Santos, de 75 anos de idade e residente no casco urbano da vila pero que no verán se trasladaba xunto coa súa familia a esta vivenda situada no Viso, foi dado de alta logo de recibir atención médica no Hospital Xeral e prestar declaración na Comisaría da Policía Nacional en Vigo. Dende o primeiro momento o viúvo relatou que a súa vivenda fora asaltada por dous ladróns, unha versión que cobra forza logo das pescudas efectuadas pola Policía e máis logo de que un menor se entregase de xeito voluntario na mañá de hoxe nas dependencias policiais. Con todo e á espera de que trascendan máis datos, o Concelleiro pide moita prudencia “para non incrementar a dor pola que xa está a pasar esta familia de Redondela”. Lembra ademais Arturo González que a investigación segue aberta e que, aínda que se confirme definitivamente que o suceso se debeu a un roubo e ante a lóxica preocupación que isto poida provocar na cidadanía insiste en que “o noso concello é un dos máis seguros de toda Galicia”.  

Entrevista a Arturo González
O Concelleiro de Seguridade deixa na Radio Municipal os últimos datos en torno á investigación

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará