O atleta logrou superar os seis kilómetros da proba cun tempo oficial de 18:29, entrando na meta por diante de Daniel Bargiela e Manuel Martínez Ageitos. Na categoría feminina a gañadora foi a porriñesa Verónica Romero, seguida de Inma Rodríguez e Iris Soto.
O tempo acompañou e os ceus parcialmente anubrados facilitaron o percorrido aos atletas que participaron na V edición da Carreira Popular Concello de Redondela organizada este ano pola Asociación Deportiva CAR.
Un percorrido de seis quilómetros e sen grandes dificultades que os máis expertos lograron superar cun tempo por baixo dos 20 minutos. Así, o gañador da proba, o cangués Álvaro Prieto impúxose cun tempo de 18:29. Seis segundo despois entraba na meta o segundo clasificado Daniel Bargiela, completando o podio o atleta da Sociedade Ximnástica de Pontevedra Manuel Martinez Ageitos que asinou un tempo de 18:41.
Na categoría feminina impúxose a porriñesa Verónica Romero cun tempo oficial de 23:59, entrando en meta no posto 109 da carreira absoluta. A segunda foi Inma Rodríguez de Poio e a terceira foi Iria Soto da Asociación Deportiva CAR cun tempo absoluto de 24:44.