Os de Chapela quedaron segundos entrando en meta a tan só 10 segundos dos primeiros clasificados, a embarcación de Amegrove. Completou o podio a embarcación de Samertolaméu.
Nova proba do calendario oficial na liga galega de traiñeiras disputada en Viveiro. Nesta ocasión Amegrove non se deixou sorprender por Chapela como nas dúas probas da pasada fin de semana en Sanxenxo onde os chapeleiros si lograron superar aos do Grove.
Amegrove entrou primeiro sacándolle á embarcación de Chapela 10 segundos, quen a súa ver entraron na meta cunha vantaxe de sete segundos respecto dos terceiros, os remeiros do Samertolaméu.
Na próxima fin de semana a competición volve vivir unha dobre xornada . Na liga A, as citas serán en Ares o sábado 14 e o domingo15 celébrase en Redondela XXVI edición da bandeira Concello de Redondela organizadas polo propio club de remo de Chapela. As tripulacións da liga B, onde milita o club de Cesantes, disputan o sábado a VII Bandeira Concello de Rianxo e o domingo a XXVII Bandeira Concello de O Grove.