Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Servicio de emprego xestiona a preselección de candidatos para as prazas de socorristas

RR_Noticias

A achega de case 30.000 euros procedente da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia permitirá contratará durante un periodo de dous meses a un total de once operarios para traballar nas praias de Redondela. En concreto contratarase a 8 persoas para desenvolver traballos de socorrista e 3 patróns de embarcación.

Estas once persoas, 8 socorristas e 3 patróns de embarcación, serán os encargados de velar pola seguridades dos bañistas tanto na praia de Arealonga en Chapela como no areal de Cesantes.
De acordo coas bases que regulan a subvención, o Concello debe contratar a persoas que estean desempregadas e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e estar dispoñibles para o emprego,  para o cal se deberá presentar unha oferta de emprego para cada categoría profesional na oficina pública de emprego correspondente, que fará a selección de persoas a remitir ao Concello consonte cos criterios establecidos na devandita orde.
Á espera de que se conclúa o proceso de selección, estímase que os operarios poderían comezar a traballar na vindeira semana e que o servicio estaría operativo ata mediados do mes de setembro.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará