Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Condenado a tres anos e seis meses de cárcere polo atraco dun almacén no Muro

RR_Noticias

O xulgado do Penal número 3 de Vigo condenou a tres anos de cárcere a Martín Pardellas por atracar a punta de pistola un almacén ao por maior Cash Cuevas que se atopa na recta do Muro. Un feitos que se produciron en setembro do 2010 e no que o atracador fuxiu co 8.000 euros logo de pechar a un empregado e un encargado no interior do almacén.

O condenado é un vello coñecido da xustiza xa que a policía impútalle outros catro atracos en Vigo e Redondela perpetrados tamén no ano 2010. Onte celebrábase a vista en Vigo polo acontecido neste almacén do Muro e aínda que o fiscal pedía 5 anos de cárcere, finalmente chegouse a un acordo en virtude do cal o acusado declarouse culpable e aceptou os tres anos e medio por un roubo con intimidación.
O implicado ten aló menos catro condenas anteriores por feitos delictivos semellantes. Entre os seus golpes figura un atraco á sucursal de Correos en Chapela e outro asalto a un supermercado.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará