Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os empresarios amosan o seu rexeitamento á liberalización de horarios comerciais

RR_Noticias

A Asociación de empresarios de Redondela amósase claramente en contra da liberalización de horarios comerciais prevista polo goberno central e que supón incrementar de 72 a 90 as horas semanais de apertura e de oito a 10 o mínimo de festivos autorizados o que provocará “un empeoramento na calidade de vida das persoas que desenvolven esta actividade”.

Esta é tan só unha das medidas que ven de aprobar o goberno de Mariano Rajoy e que afectan de cheo aos traballadores do sector comercial, principalmente ao pequeno comercio que conta con menos posibilidades de contratar máis empregados para repartir a nova carga horaria segundo explica a técnica da Asoicació nde empresarios Julia Alonso. Esta é tan só unha das medidas aprobadas a pasada semana e que xunto coa posibilidade de realizar rebaixas en calquera época do ano ou o incremento do IVE, máis van afectar aos comerciantes da vila. Unhas medidas que son cualificadas de “claro retroceso respecto da Lei de Comercio que actualmente estaba en vigor”. Sobre a aplicación do IVE, cuxo incremento impositivo se formalizará a partir do 1 de setembro, aínda haberá que esperar para coñecer se dito incremento se traslada ao consumidor ou é asumido polos propios comerciantes e hostaleiros. Con todo, e pese a difícil situación económica, a Asociación de Empresarios deixa tamén un dato positivo, o feito de que a recesión non estea a afectar tanto ao comercio redondelán como ao resto da provincia. No noso concello o comercio mantense cinco puntos por riba respecto doutras vilas de Pontevedra.  

Julia Alonso técnica da Asociación Empresarios
Critica a liberalización de horarios comerciais
Retroceso respecto da lei de Comercio
Unhas medidas que empeoran a situación actual do pequeno comercio
Aplicación do incremento do IVE
Os comerciantes poderían asumir unha parte do incremento
Situación do comercio en Redondela
Atópase un chisco mellor que outras localidades da provincia

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará