Solicita que o concelleiro Miguel Angel Álvarez dea explicacións no Pleno que se celebra este xoves ás 20:30 no Multiusos sobre os vertidos que causaron a morte de centos de peixes no Alvedosa o pasado mes de xuño e que medidas está a adoptar o goberno local ante os incumprimentos das empresas encargadas das obras do AVE e que seguen a traballar en horario nocturno.
A Agrupación de Electores de Redondela critica que tanto o goberno actual como os anteriores non actúen con maior contundencia ante o deterioro das canles dos nosos ríos “tanto pola ocupación de ribeiras como dun continuo fluír de vertidos contaminantes de diferentes orixe”.
Por este motivo solicitan que un compromiso por parte do pleno do concello para proceder á identificación dos puntos de vertidos contaminantes así como da súa orixe e iniciar os trámites para o seu arranxo ou denuncia perante as autoridades competentes e que se establezan os trámites correspondentes para protexer de forma axeitada a zona de servidume de tódalas canles fluviais do concello.
Propoñen tamén que dende o Concello se poña en marcha un Plan de Educación Ambiental que teña como núcleo os nosos ríos.
Por outra banda, AER reclama a comparecencia do edil de Medio Ambiente, Miguel Angel Álvarez Ballesteros para que dea explicacións sobre a investigación que se abriu logo de que o 8 de xuño se producira un vertido á canle do río Alvedosa que provocou a mortalidade dun alto numero de peixes.
Solicítanlle tamén ao concelleiro que explique si dende o goberno se iniciou algún trámite de cara a sancionar ás empresas que traballan tanto nas obras da alta velocidade, tanto no tramo do Val do Maceiras como no da estación do AVE na zona dos Eidos e que seguen a realizar traballos nocturnos coas conseguintes queixas e prexuízos dos veciños que viven nesas zonas.