Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP lamenta que a oposición centre as súas propostas en asuntos de ámbito non local

RR_Noticias

O voceiro dos populares, Alberto Pazos estima que o pleno que se celebra esta tarde ás 20:30 horas no Multiusos da Xunqueira podería prolongarse durante varias horas a teor do elevado número de moción e comparecencias presentadas polos grupos da oposición. Dentro da orde do día destaca a proposta da alcaldía de reducir as retribucións dos concelleiros nun 7%.

Malia aplaudir o interese que os representantes políticos amosan á hora de debater, o edil popular lamenta que a maior parte das mocións presentadas fagan referencia a asuntos que non son de ámbito estritamente local. Fai unha salvedade ao referirse ás mocións presentadas pola Agrupación de Electores cuxo contido si se centra na actualidade redondelá. Respecto da propostas do goberno local, salienta a proposta de rebaixa no salario e retribucións dos concelleiros, tanto do goberno como da oposición e que suporía reducir as achegas económicas que actualmente reciben como representantes nas corporación nun 7%. Pazos entende que a medida sairá adiante cos votos a favor da maior parte dos edís e asegura que se trata dunha medidas de austeridade lóxica tendo en conta os sacrificios que se lles están a pedir a funcionarios e traballadores públicos que verán recortado tamén nun 7% o seu salario coa eliminación da paga extra de Nadal decretada polo goberno estatal. A reducción, no caso de aprobarse, afectaría ao alcalde Javier Bas que cobra un salario de 55.800 euros brutos anuais así como aos concelleiros do grupo de goberno que cobran dedicacións parciais que ascende a 14.500 euros. Tamén se vería afectada a coordinadora da Alcaldía, que percibe un salario de 26.000 euros. Este sete por cento de rebaixa aplicaríase tamén aos voceiros dos grupos da oposición e ás asignacións que perciben os membros da corporación por asistencia a plenos e comisións.  

Alberto Pazos voceiro do PP
Lamenta que non haxa máis mocións vinculadas a Redondela
Recorte do 7%
Unha proposta para solidarizarse cos funcionarios

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará