Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela celebra as festas do Carme

RR_Noticias

A parroquia de Chapela acolle dende hoxe e ata o vindeiro luns as celebracións das festas do Carme cos tradicionais actos relixiosos, verbenas e actividades de ocio para os máis cativos no paseo marítimo.

Os actos festivos comezan hoxe mesmo coa lectura do pregón ás 21:30 a cargo de Anselmo Praza león “o carteiro da parroquia”. A continuación terá lugar a primeira verbena do programa amenizada polas orquestras Miramar e Televisión. Polo escenario do recinto feiral pasarán ata o domingo outras orquestras como Paladium, Fin de siglo, Madeira e Bluestar.
No paseo marítimo téñense instalado como cada ano atraccións e postos gastronómicos, así como diferentes atraccións para os máis cativos: inchables, o popular saltamontes e outras atraccións de feira.
O domingo terá lugar ao mediodía a procesión que partirá coa imaxe da virxe do Carme dende a Capela ata o recinto de festas, onde se celebrará a misa solemne cantada pola Coral Frol Nova do Círculo Cultural de Chapela.
O luns, última das xornada da festa, a imaxe da Virxe regresará en procesión ata a Igrexa acompañada neste caso pola Banda de Música Xuvenil da parroquia. A continuación a agrupación ofrecerá un concerto no torreiro da festa onde todos os asistentes serán convidados a rosquillas, viño e refrescos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará