Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela mantén o liderado na Liga Galega malia o empurre de Amegrove

RR_Noticias

Fin de semana de traiñeiras na Liga Galega A con dúas citas, a primeira en Mugardos coa celebración da II Bandeira Reganosa e a segunda en augas de Meira onde se disputaba onte a XXX Bandeira Concello de Moaña. Desiguais resultados para embarcación de Chapela que se mantén no máis alto da clasificación xeral.

Chapela defende o primeiro posto da categoría malia sufrir onte un pequeno revés logo de quedar segundos na XXX Bandeira Concello de Moaña onde Amegrove se fixo coa vitoria nunha regata que se celebrou cun mar en clama total.
Os favoritos non defraudaron e a proba foi unha dura loita entre os equipos de Amegrove, Chapela, Cabo da Cruz e Samartolomeu, que cruzaron a meta nesa orde. Os de Capela non puideron repetir a vitoria acadada o día anterior en Mugardos, onde se adxudicaron con autoridade e solvencia a II bandeira Reganosa.. Unha vitoria que permite aos de Redondela continuar liderando a clasificación xeral con 67 puntos e con tres de vantaxe sobre os seus inmediatos perseguidores, o Amegrove.
A actividade na Liga Galega regresará os días 11 e 12 coa celebración do Trofeo Teresa Herrera na Coruña.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará