Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detida unha condutora portuguesa logo de provocar dous accidentes en Redondela

RR_Noticias

A muller, de 37 anos de idade, triplicaba a taxa de alcolemia permitida ó volante. Axentes da Policía Local de Redondela localizárona na N-552, onde causou un choque con outro turismo logo de darse á fuga tras provocar outra colisión en Cesantes. A detención produciuse onte á noite, e a condutora foi posta a disposición xudicial acusada dun presunto delito contra a seguridade do tráfico.

Eran as 20.40 horas cando a policía local foi advertida dun accidente de tráfico en Cesantes, a altura do bar Tranquilo. Segundo as testemuñas un Renault Megane saíu da estrada e provocou un accidente, logo o vehículo deuse á fuga. Uns minutos máis tarde unha chamada telefónica advertiu ós axentes doutro accidente na estrada nacional 552, a altura do salón Bolero. Nesta ocasión a condutora do Renault e o seu acompañante discutían co propietario do outro vehículo e, segundo os axentes, presentaban claros síntomas de embriaguez. A policía procedeu a practicarlle a proba de alcolemia á condutora, cun resultado de 0,89, máis do triplo da taxa permitida ó volante, que é 0,25, polo que os axentes procederon á súa detención. A arrestada, natural de Braga, xa foi posta a disposición xudicial.
Dous detidos por un roubo nunha pizzería redondelá
Os dous homes de 38 e 37 anos de idade, están acusados dun delito de furto tras roubar o pasado 27 de xullo 600 euros da caixa rexistradora do establecemento. Os feitos acontecían o pasado venres sobre as 3,30 da madrugada cando o dono do restaurante, pizzería, sito na Avenida de Mendiño en Redondela, recibía unha chamada da Central de Alarmas, advertíndolle dunha intrusión no seu local. Cando chegou ao establecemento, acompañados por axentes da policía nacional, viron como dous individuos abandonaban o lugar e escapaban. Os detidos accederan ao local abrindo a porta traseira e forzaran a caixa rexistradora tirando contra o chan, levándose os aproximadamente 600 euros que contiña. Os dous homes que foron detidos e postos a disposición xudicial do Xulgado de instrución nº 1 de Redondela contaban con numerosos antecedentes penais. Un deles fora detido en tres ocasións e o outro en trece.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará