Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG critica que o Concello asuma obras que lle corresponden á concesionaria do AVE

RR_Noticias

A agrupación nacionalista cuestiona o asfaltado do Camiño dos Frades, que vén de acometer o Concello, por considerar que debería ser a concesionaria das obras do tren de alta velocidade quen a asumise, xa que foron a execución das obras do AVE as causas do seu deterioro.

A empresa concesionaria encargouse do asfaltado de douscentos metros do Camiño dos Frades mentres que o concello posteriormente acometeu o resto da reposición do firme da vía até a intersección da N-550. O BNG vén de presentar un escrito para que se lles informe de cales foron os motivos polos que o concello asumiu esta obra que ao seu entender non lle corresponde e piden que lle esixan á concesionaria a recuperación total da estrada até a zona onde se almacenaron as dovelas do túnel das Maceiras, xa que durante dous anos fixeron uso dela circulando maquinaria pesada e camións de gran tonelaxe para as obras do AVE.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará