A agrupación local de Esquerda Unida vén de solicitar á Concellería de Medio Ambiente de Redondela que abra unha investigación, xa que se trata dun delito contra o medio ambiente, e que se depuren responsabilidades.
O achado tivo lugar o pasado día 28, e desde EU sinalan que os feitos xa son “reincidentes”. A agrupación lamenta que o único que fixo o Concello “foi pagar a reciclaxe deses pneumáticos”, cun custe que ascendeu a 800€. Esquerda Unida lembra que a reciclaxe destes produtos xa a pagan os consumidores cando se mudan as rodas por outras novas, tal e como recolle o R.D 1619/2005, cunha taxa denominada ” Ecovalor” aboando por cada pneumático 1,57 €. Antes estes feitos a agrupación solicita que se cree unha investigación e se depuren responsabilidades.