Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

XIII Festival de Artistas de Rúa: “Pasen e vexan”

RR_Noticias

Con estas palabras poderíase dar a benvida ós milleiros de persoas que o venres e sábado se achegarán a Alameda de Redondela para gozar de máis dunha ducia de espectáculos. Circo, maxia, música, mimos, performance e outras sorpresas agardan ó público nesta edición, na que participan artistas de Arxentina, Colombia, Cuba, Venezuela, Marrocos, Cataluña, Andalucía e Galicia.

A maxia e o circo serán os protagonistas do XIII Festival Internacional de Artistas de Rúa, unha edición na que se aposta por “innovar”, achegando a Redondela espectáculos modernos. O responsable da organización, Luís Crespo, destaca esta ano a fusión entres os espectáculos de latinoamérica e os nacionais. A programación está aberta a todo tipo de público, e o amplo horario, desde as 20.30 ata a 01.00, permite que tanto os máis pequenos como os adultos se acheguen ás diferentes propostas para “deixarse sorprender”. Na xornada de mañá venres estará a compañía “Os irmáns inconfundibles”, que chegan desde Andalucía co espectáculo circense “Diábolo Classic Metal”, xunto con performance de Levitación e Norman Santana, o circo arxentino de Chimichurri e os galegos Jano Costas e Oscar&Cousin. Na xornada do sábado destaca o catalán “La Mano Jueves”, co espectáculo “Ricky, el profesor de tenis”, seguido dun concerto do grupo marroquí Bambra con música Gwana. Performance de Luis Castro, o Grupo Electróxeno, e os galegos Mago Eloi e Antuan de la Cream completan o cartel. Ademais os máis pequenos gozarán o sábado dun taller infantil organizado por Xoeira titulado “Faite Artista”, de 20.30 a 22.30 horas.  

Luis Crespo organizador
En cada edición o festival renóvase con espectáculos sorprendentes.
Obradoiro Faite Artista
Os rapaces poden participar no obradoiro que organiza o sábado Xoeira.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará