Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello continúa coa campaña informativa do novo plan de tráfico no casco vello

RR_Noticias

Axentes da Policía Local advirten ós condutores que circulan ou aparcan nestas rúas sobre a nova normativa, que prohibe o tráfico rodado e o aparcamento na zona. A partires do 20 de agosto procederase a sancionar ós condutores que non respecten os sinais de tráfico, que xa están colocados nas rúas do casco vello.

O obxectivo deste novo plan de tráfico é “mellorar a seguridade viaria na zona e a calidade de vida dos veciños”, segundo explica o concelleiro Arturo González. Cos cambios pretenden que as rúas do Casco Vello deixen de servir como aparcadoiro e que só os residentes poidan circular por elas. Para iso facilitarase ós residentes unha tarxeta identificativa que deben levar nos seus vehículos. Unicamente o corredor das rúas Couceiro e Loureiro manterase aberto á circulación rodada. Outra das medidas implantadas é prohibir aparcar nas beirarrúas e naqueles lugares nos que non quede un espazo libre de máis de tres metros. Para ofrecer unha alternativa aos veciños para estacionar, o Concello está a negociar cos propietarios dalgúns solares sen uso para alugar estes espazos e habilitar neles aparcadoiros destinados aos residentes do casco vello. Polo de agora, e mentres dure a campaña de información, os condutores que infrinxan a nova normativa non serán multados, tan só recibirán unha nota explicativa. Unha vez pasadas as festas do Entroido de Verán, o 20 de agosto, os axentes procederán a sancionar a aqueles que incumpran a norma. Con todo, González Barbeiro explica en que esa será “a última alternativa” que se aplicará “ós reincidentes”. Afirma o concelleiro que “non se trata dunha medida recadatoria”, senón que busca concienciar ós veciños e condutores para mellorar o tráfico e a seguridade na zona.  

Arturo González concelleiro de Tráfico
Os cambios no tráfico pretenden mellorar a seguridade
Multas para os reincidentes
Unha vez rematada a campaña informativa os axentes sancionarán ós que non respecten as normas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará