Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A I Festa do Polbo agarda reunir este domingo na Teixeira a unhas 3.000 persoas

RR_Noticias

Desde as 11.00 horas a parroquia do Viso acolle esta cita gastronómica na que ademais do cefalópodo se servirá tamén churrasco e chourizos criollos a prezos populares. A música tradicional e as actividades para os nenos completarán a programación.

O presidente da Comisión de Festas da Teixeira, Mario Otero, explica que idea de organizar unha festa co polbo como protagonista debeuse a que é “un produto típico de Galicia e moi demandado”, e ata o de agora “non había ningunha festa na bisbarra que o ofrecese”, e agardan que sexa todo un éxito. Nesta primeira edición o pregón correrá a cargo da agrupación de música folk da parroquia, Tanto Nos Ten. Os prezos serán “anticrise”, coas racións de polbo e churrasco a 8 euros, a botella de viño do país a 4 euros, e a de albariño a 8 euros. Otero anima a todos os veciños da comarca a achegarse ó Viso para gozar desta festa, que comezará ás 11.00 horas. A música tradicional e os inchables para os máis pequenos serán outros dos atractivos da cita. A festa celebrarase no Torreiro da Gándara, xunto ao campo de fútbol, e desde a organización teñen xa sinalizado o acceso á zona de aparcamento. Festas da Teixeira A Festa do Polbo será o anticipo das Festas dos Dolores, que se celebran na Teixeira os días 31 de agosto e 1 e 2 de setembro. O primeiro día está reservado ós máis novos, cun concerto de música rock, para dar paso na fin de semana ás orquestras, procesións e música tradicional.  

Mario Otero presidente da Comisión de Festas
Anima ós veciños a participar desta nova cita gastronómica.
Programación
O xantar estará acompañado pola música e os xogos para os nenos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará