Os amantes da música “indie” están de parabéns xa que este mes de agosto recupérase o festival Lolapop. O peirao de Cesantes é o lugar elixido para a cita, prevista para o 8 de setembro, con aforo para 4.000 persoas. O prezo das entradas estará entre os 10 e os 15 euros.
O festival naceu en Ponte Caldelas, no ano 2007, e consolidouse como un dos máis interesantes do panorama galego. Este ano a cita recupérase, aínda que cambia de emprazamento para chegar a Redondela. Esta quinta edición tamén chegará da man de Ernie Producións, cuxo responsable, Josiño Carballo, sinalou que desde que se cancelou o ano pasado estiveron traballando para concretar a súa volta noutra localidade. Xa hai cinco bandas confirmadas: Supersubmarina, Bigott, Maryland, Rusos Blancos e Munich, pero poderían ser máis, xa que o cartel aínda non está pechado. En anteriores edicións o festival consagrouse como un dos máis interesantes do panorama galego, polo que pasaron grupos como Dorian, Niños Mutantes, Lori Meyers, Sidonie ou Standstill.