Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Consellería do Mar reforzará o control no interior da ría para protexer a veda do choco

RR_Noticias

A xunta estableceu por primeira vez unha veda para este cefalópodo na parte interna da Ría de Vigo, que se estenderá ata o 31 de outubro. Mar establece esta medida co obxectivo de protexer esta especie e facilitar a súa reprodución, co que pretenden mellorar a longo prazo as súas capturas.

A Consellería do Medio Rural e do Mar da así resposta á unha solicitude da Confraría de Pescadores de Redondela, que solicitou esta medida. A Xunta considera que se trata dunha medida de xestión axeitada para garantir a conservación do choco, cunha veda que abarca dende A Guía ata Arcade, dado que o cefalópodo se reproduce nesa zona. Tal e como establece a Lei de Pesca, as medidas de conservación e protección dos recursos establecidas para a pesca marítima profesional son aplicables á pesca marítima de recreo. Cabe destacar que se establecerá un sistema específico de vixilancia para controlar o cumprimento desta veda e evitar a acción furtiva. Precisamente a loita contra o furtivismo é unha das prioridades da Consellería do Medio Rural e do Mar, de cara á conservación dos recursos mariños. Durante os próximos meses reforzarase a vixilancia por parte da Consellería do Mar no interior da ría.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará