Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Lotería deixa 600.000 euros en Redondela

RR_Noticias

A administración da rúa Xeneral Rubín vendeu 10 décimos do número 23.475, agraciado co primeiro premio do sorteo do sábado. O responsable da oficina, Gonzalo Rodríguez, salienta que se trata dun número “fixo” neste punto de venta, e que os agraciados con 60.000 euros cada un son clientes de Redondela.

Non é a primeira vez que se reparten premios importantes na administración de lotería nº2 de Redondela, que xa hai anos fixo felices a varios veciños en anteriores sorteos. Con todo, o seu responsable Gonzalo Rodríguez, non agocha a súa satisfacción por ter entregado este “bo petisco”, que “tanta falta fai” sobre todo “nestes tempos de crise”. Sinala o propietario que o número premiado se xoga nesta administración semanalmente desde o ano 1980, “e xa era hora que tocara”. Vendéronse dez décimos, algúns xa reservados polos clientes e outros despacháronse ao público en xeral, polo que é difícil “saber exactamente quen os mercou”. Con todo, o vendedor asegura que cando menos “o 90% levárono veciños de Redondela”. Hoxe está a ser un día de moito movemento neste despacho da rúa Xeneral Rubín, con máis clientes do habitual e tamén “moitos curiosos”. En canto ás ventas, Rodríguez afirma que malia a crise mantéñense estables. Recoñece que a xente “xoga cantidades máis pequenas” ca antes, pero que a “ilusión mantense”, e logo chegan recompensas como o premio desta fin de semana.  

Gonzalo Rodríguez da Administración
O vendedor confía en que se poida repetir pronto outro premio.
Agraciados redondeláns
Rodríguez apunta que os premiados son clientes do municipio.
A crise busca á fortuna
Os clientes apostan cantidades máis pequenas pero non deixar de buscar a sorte.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará