Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A oposición reclama un plan de tráfico “integral” para o conxunto do municipio redondelán

RR_Noticias

Tanto o BNG como PSOE denuncian que as medidas adoptadas polo goberno local non están a solucionar os problemas do tráfico en Redondela. No caso dos cambios adoptados no casco vello, lamentan a reapertura ó tráfico das rúas Cruceiro e Loureiro, que supón “un paso atrás” na calidade de vida dos veciños e un notable deterioro da zona.

Os problemas do tráfico en Redondela seguen sen solución logo dun ano da entrada no goberno do equipo de Javier Bas. Esa é a valoración que fan os grupos da oposición. Desde o PSOE falan dun plan de tráfico “ineficaz” e o BNG mesmo afirma que as condicións do tráfico “empeoraron” coas medidas adoptadas polo goberno popular. A voceira nacionalista, Cecilia Pérez Orge, denuncia a política de “feitos consumados” do Concello, como a a eliminación do aparcadoiro limitado de zona azul na Ribeira e a tala dos plataneiros, o que supuxo un “efecto chamada” polo que agora aparcan máis coches. Desde o Bloque demandan unha proposta para resolver os problemas de tráfico dos cascos urbanos de Redondela e Chapela, e para as outras parroquias do concello. Como alternativas propoñen a mellora da rede de transporte público, a redución dos vehículos no centro de Redondela, a promoción do uso da bicicleta e realizar campañas para animar ós veciños a facer os desprazamentos curtos a pé.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará