Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un motorista de Redondela falece nun accidente no Corredor do Morrazo

RR_Noticias

O suceso produciuse no mesmo lugar no que morreron tres persoas en 2010. O piloto invadiu o carril contrario e chocou contra un camión, perdendo a vida no acto. A vítima, aparellador de profesión, é o undécimo falecido nesta vía nos últimos sete anos.

O falecido é José Antonio Cuntín Rial, de 51 anos, veciño do centro urbano de Redondela. O sinistro produciuse ás 12.30 horas de onte cando o motorista circulaba pola recta do Corredor en Meira, o mesmo punto no que faleceron tres persoas nun choque múltiple en xaneiro de 2010. O condutor da motocicleta invadiu o carril contrario e impactou frontalmente co camión. O motorista, que conducía unha Suzuki Burgman 400, faleceu no acto. O único ocupante do camión, modelo 1843 LS, freou bruscamente e a manobra fíxolle pasar ao carril contrario e chocar contra a barreira da ponte. O condutor foi excarcerado por efectivos dos Bombeiros do Morrazo e de Protección Civil nun complexo operativo. Estaba consciente pero con danos no brazo esquerdo e unha perna fracturada. A Garda Civil de Tráfico non determinou as causas do accidente. Algunhas testemuñas do accidente coinciden en que o falecido invadira o carril contrario, posiblemente por un descoido. Este é o primeiro sinistro con resultado de morte desde que a Xunta de Galicia mellorou a seguridade do viario, instalando pivotes e barreiras de formigón para evitar os cambios de carril.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará