Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A música tradicional de Pazos de Borbén formará parte do documental “Não Lugar”

RR_Noticias

María e Hermelinda, pandeireteiras da Ermida, forman parte dun amplo traballo audiovisual que recolle o canto e a percusión tradición de Galicia e Portugal. O filme, dirixido por Tiago Pereira , conta coa participación do músico galego Davide Salvado e o portugués Pedro Calado.

O traballo pretende recuperar o legado musical dos dous lados do Miño, e para iso comezaron a recompilar nun documental a tradición interpretativa baseada na percusión e a voz. Na provincia de Pontevedra as gravacións centráronse nos municipios de Pazos de Borbén, concretamente na localidade da Ermida, onde recolleron o saber das pandeireteiras María e Hermelinda. A recompilación tamén incluíu intérpretes do próximo Concello da Lama, concretamente en Pigarzos e na poboación de Luneda, na Cañiza. Ademais, o proxecto tamén recolleu intérpretes das provincias da Coruña e Ourense. No próximo mes de outubro os dous músicos iniciarán o seu percorrido por Portugal. Unha viaxe ás raíces que inclúe o municipio de Miranda do Douro, onde se fala o mirandés, considerado como lingua cooficial desde 1999 polo Goberno de Lisboa, e a Beira Baixa. En ambos casos, as recolleitas musicais terán a preocupación de incluír as paisaxes e ambientes sonoros atopados, sempre dando protagonismo aos informantes. A través deste intercambio musical preténdese cuestionar de que forma as fronteiras xeográficas dividen ou non a identidade sonora dos lugares raianos.  

Tráiler Não Lugar
O filme recolle o canto e a percusión tradicionais de Galicia e Portugal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará