Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Confraría de Redondela demanda en Bruxelas que Galicia regule as súas augas interiores

RR_Noticias

Representantes do pósito redondelán, xunto cunha ampla representación do sector do mar galego, exporá en Bruxelas as súas demandas, diante da comisaria europea de pesca. O seu obxectivo principal é que Galicia “poida seguir vivindo da pesca” diante da inminente reforma da Política Pesqueira Común.

Mexilloeiros, mariñeiros e armadores da flota artesanal, mariscadores, percebeiros e, redeiras, entre outros profesionais, forman parte da delegación galega que hoxe martes e mañá mércores estará en Bruxelas, convidados pola eurodeputada do BNG, Ana Miranda. Unha representación da Confraría de Redondela participará tamén na reunión para trasladarlle á Comisaria de Pesca, María Danakis, as súas demandas. Nun momento no que a Nova Política Pesqueira Común se está a debater no Parlamento Europeo, os profesionais galegos queren que se garanta que a nosa comunidade “poida seguir a vivir da pesca”. Anxo Lusquiños, secretario da Confraría redondelá, explica que unha das súas demandas é que nas augas interiores de Galicia sexa o goberno autonómico o que estableza as vedas e as cotas de capturas. Esixirán tamén un trato “de igualdade” con respecto a outras flotas comunitarias, e se elimine “a discriminación” no acceso aos caladoiros europeos. Lamentan tamén o elevado gasto “para despece de barcos”, un total de 14 millóns o pasado ano, e demandan máis axudas “para a pesca de baixura, o marisqueo e a recuperación e saneamento das rías”. A seguridade estará tamén presente na reunión, polo que solicitan que a flota artesanal poida instalar máis potencia nos motores, o que evitaría riscos innecesarios nas augas galegas, máis perigosas que as do Mediterráneo. A competencia desleal de produtos que chegan de fóra de Galicia é outra das grandes preocupacións do sector, polo que piden “un maior control das importacións e a identificación da orixe dos produtos pesqueiros e marisqueiros”. Queren así acabar coa “fraude” no etiquetado de produtos foráneos que chegan ó consumidor “coma se fosen galegos”.  

Anxo Lusquiños secretario da Confraría
Lamentan que a UE lles impida pescar algunhas especies nas augas interiores.
Máis seguridade
As confrarías demandan máis seguridade nos motores para evitar riscos.
Competencia desleal
O sector demandará maior control para os produtos foráneos que se venden como galegos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará