Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER denuncia que o Concello achegue 20.000 euros para a celebración do festival Lolapop

RR_Noticias

A Agrupación de Electores de Redondela critica que a Concellería de Cultura recortase as axudas ás organizacións sen ánimo de lucro do municipio, e que subvencione a Ernie Producións, empresa privada que organiza o concerto en Cesantes.

Dende AER veñen de amosar nun comunicao a súa “indignación” pola achega da Concellería de Cultura de 20.000 € máis IVE para a produtora Ernie Producións S.L. pola organización do festival que terá lugar o día 8 de setembro no peirao de Cesantes. O grupo municipal entende que en Redondela existen numerosas organizacións sen ánimo de lucro “que organizan ao longo do ano diversos eventos que sufriron recortes nas axudas por falta de cartos”, recibindo moitas delas axudas “ridículas”. Desde AER amósanse comprensivos polos recortes derivados da crise, pero denuncian que “non é de recibo” que unha empresa privada reciba esa cantidade de cartos, mentres asociacións e colectivos culturais “sufren os recortes”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará