Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha moza foi evacuada a un centro médico logo de inhalar fume no incendio dunha cociña

RR_Noticias

Unha veciña de Redondela, de 25 anos, resultou onte ferida leve ao inhalar o fume provocado polo incendio da campaña extractora da súa cociña. O suceso produciuse ás 14.50 horas nunha vivenda da rúa Castelao, no centro urbano da vila.

Un descoido foi a causa do accidente, que provocou que parte da cociña comezase a arder. O lume foi sufocado cun extintor por efectivos do Grumir redondelán. Tamén acudiron ó lugar do suceso os bombeiros de Vigo e axentes da Policía Local de Redondela. A moza foi evacuada a un centro médico para ser atendida pola inhalación de fumes.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará