Os axentes atoparon oito plantas nunha leira da parroquia, cun peso superior ós 5,5 quilogramos. O cannabis estaba semioculto debaixo dunha viña. A Policía Nacional encárgase agora da investigación para tentar dar coas persoas responsables.
As plantas, de gran tamaño e frondosidade, estaban “preto do estado óptimo de madureza”, segundo informa a Policía Local de Redondela. Foron atopadas na tarde de onte, mércores, e logo trasladadas á xefatura, procedendo a esfollalas para o seu pesado cun resultado de 5,597 quilos. A marihuana foi trasladada á comisaría do Corpo Nacional de Policía, onde proseguirán coas indagacións para tentar dar coa identidade das persoas responsables.