Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela vive o seu soño na Bandeira da Concha

RR_Noticias

Os redondeláns finalizaron por diante de Donostiarra e Astillero, facendo o sexto mellor tempo da primeira xornada na Bahía de San Sebastián. O equipo, que regresou á casa por motivos laborais, recibiu na alameda a homenaxe dos veciños. O outro barco galego, Tirán, conseguiu o para remar na quenda de honra ao rematar terceiros.

Moitos pensaban que os de Fran González acusarían a inexperiencia nas augas de Donostia, pero nada máis lonxe da realidade. Remaron na primeira tanda, xunto a Kaiku, gran favorita, Hondarribia e Astillero. Tres equipos da liga ACT. Os homes de Chapela, a gran revelación desta edición da “olimpíada do remo”, volveron sacar o mellor de si. Demostraron que o ocorrido na regata clasificatoria non fora unha casualidade, e fixeron unha actuación brillante. No primeiro longo non acabaron de atopar o seu ritmo, e estaban a 22 segundos de Kaiku. Pero no longo de volta os de Arealonga recuperaron posicións e remontáronlle 7 segundos a Astillero, para acabar terceiros da súa tanda, o que lles valeu a sexta posición na clasificación xeral. Asinaron mellor tempo que Astillero e a traiñeira local Donostiarra. Toda unha mostra de que os redondeláns están ó máis alto nivel do remo nacional. Tirán tamén cumpriu o seu obxectivo e logrou o billete para remar a próxima semana na quenda de honra. A embarcación do Con acabou facendo mellor tempo que San Juan, que foron terceiros, e de Hondarribia, que realizou o cuarto mellor rexistro. Os homes de Dani Pérez loitarán a próxima semana por finalizar na terceira posición. Os dous primeiros postos teñen, salvo sorpresa, dono. Kaiku fixo valer a súa condición de favorito e realizou o mellor tempo (19:18.98). a pesar de sufrir unha penalización de tres segundos. A boa noticia é que a Bandeira da Concha aínda non está decidida, Urdaibai mostrou o seu potencial e quedou a tan só catro segundos (19:22.90).
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará