Vinte colectivos redondeláns veñen de unirse co obxectivo de debater e reflexionar sobre a programación cultural que desenvolve o Concello de Redondela. Hoxe mércores presentarase cun acto diante do Concello ás 19.00 horas.
Ttrátase dunha iniciativa aberta a todos os colectivos e asociacións culturais e sociais de Redondela que pretende, de forma mancomunada, convidar ao debate e á reflexión sobre recentes feitos relacionados coa xestión cultural do Concello de Redondela e mostrar a súa indignación pola xestión do goberno nesta materia. No acto, que comezará ás 19,00 horas, lerase un manifesto no que se xustifica a súa creación e finalidade.