Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG pide que se facilite o traballo das asociacións de discapacitados

RR_Noticias

O grupo nacionalista presentará no pleno municipal que se vai celebrar este xoves unha moción na que se insta ao goberno local a que na súa programación de lecer se inclúa un ratio suficiente de actividades para atender a nenos e nenas con discapacidade física, sensorial ou cognitiva.

O BNG propón que as empresas que traballen con estas persoas posúan a capacidade formativa precisa para desenvolver estas actividades con calidade, e que na medida do posible se teña en conta que as empresas encargadas da organización destas actividades teñan contratadas a persoas con discapacidade.
Dende o BNG de Redondela consideran que é necesario que o Concello dea pasos a favor das asociacións locais que traballan con persoas con discapacidade física, sensorial ou cognitiva dando resposta as súas demandas no presente e no futuro. Porén pedirán o apoio dos demais grupos da corporación municipal para que se favoreza o desenvolvemento de actividades destinadas a este colectivo na programación do concello.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará