Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A corporación local acorda poñer en marcha un plan para recuperar os ríos redondeláns

RR_Noticias

A proposta de AER foi debatida onte na sesión plenaria e aprobouse por unanimidade. O obxectivo é identificar os vertidos que chegan ós ríos e darlle solución, establecer o uso das canles fluviais e promover un plan ambiental que poña en valor estes espazos naturais. A recuperación da zona industrial da Telleira, en Cesantes, foi outro dos acordos adoptados pola corporación.

O voceiro da Agrupación de Electores de Redondela, Jorge Varela, criticou tanto ó goberno actual como os anteriores por actuar “con maior contundencia” ante o deterioro das canles dos ríos, tanto pola ocupación de ribeiras como polos continuos vertidos contaminantes. Miguel Ángel Álvarez, concelleiro de Medio Ambiente sinalou que o Concello “está a traballar” na mellora dos espazos fluviais, e xa puxo en marcha varios proxectos, como a recuperación da cascada de Reboreda e campañas de voluntariado para a limpeza dos ríos. Neste punto desde o BNG denunciaron que Concello “lle estea a facer o traballo a Augas de Galicia”, que é o organismo que ten a competencia en materia de ríos. Outro dos asuntos aprobados no pleno foi ceder á Deputación a recollida de animais abandonados, a través dun convenio de colaboración entre o Concello e o organismo provincial. Todos os grupos se amosaron a favor agás AER, que criticou a falta de información sobre a xestión do servizo por parte da Deputación. O voceiro do PP, Alberto Pazos, explicou que o acordo supón “un aforro importante” xa que o custe para o Concello pasará de 17.000 a 9.000 euros. Tamén se aprobaron varias mocións presentadas polo BNG. Na primeira a corporación acordou instar á Xunta para que retire os recortes nas axudas para a promoción de emprego nos Concellos. Tamén a proposta do BNG se aprobou unha moción para instar á Xunta a suprimir o “copago” farmacéutico. Nos dous casos se aprobaron cos votos de BNG, PSOE e AER, e o voto en contra dos edís do PP. Posta en valor da Telleira de Cesantes As Telleiras de Cesantes, unha zona de gran valor etnográfico, centraron outra moción de AER. Varela propuxo crear un inventario sobre os restos industrias destes fornos de tellas que se remontan ó século XVIII, segundo un estudo do Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy. A limpeza e coidado destes espazos e a creación dun paseo peonil para a súa posta en valor foron outros dos aspectos aprobados por unanimidade no pleno celebrado onte. Críticas polo festival Lolapop A denuncia das asociacións culturais de Redondela pola achega económica do Concello ó festival Lolapop tivo tamén repercusión no pleno. O voceiro do PSOE, Luis Alberto Orge, acusou ó voceiro popular, Alberto Pazos, de subvencionar con 25.000 euros “un concerto dunha empresa privada” logo de ter recortado as axudas a colectivos sociais, culturais e veciñais do municipio. Pazos Couñago explicou que se fixeron achegas máis cuantiosas a outros actos, como o Festival Internacional de Títeres, 38.000 euros. Por outra banda avanzou que no próximo pleno comparecerá, como concelleiro de Cultura, para dar conta da súa xestión.  

Jorge Varela AER
A proposta de AER pasa por acaar os vertidos nos ríos e poñer en valor os espazos fluviais.
Miguel Ángel Álvarez PP
O concelleiro de Medio Ambiente anunciou varios proxectos de recuperación de ríos e campañas de concienciación.
Xoan Carlos González BNG
O Bloque lembra que é Augas de Galicia o organismo que debe traballar polo bo estado dos ríos.
Recuperación da Telleira
A proposta de AER o Concello fará un inventario e recuperará a zona industrial da Telleira.
Críticas polo Lolapop
Orge criticou a Pazos por subvencionar o festival logo de ter recortado as axudas das asociacións de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará