Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O albergue da Casa da Torre recibiu xa case 7.000 peregrinos no que vai de ano

RR_Noticias

Esta cifra supón unha media de 28 pernoctacións diarias. Nos meses de verán son maioritarios os peregrinos españois e portugueses, pero o resto do ano son os estranxeiros os máis habituais neste albergue do Camiño de Santiago Portugués. Alemáns, polacos, e mesmo australianos e americanos teñen feito noite no albergue redondelán.

Ano tras ano aumenta o número de peregrinos que atravesan Redondela no seu percorrido cara Compostela. E contra o que puidera parecer, este 2012 está a rexistrar cifras máis altas que as do pasado Ano Santo, en 2010. Grupos de amigos, en familia, en parella ou en solitario, a Casa da Torre alberga camiñantes ao longo de todo o ano. E malia que nos meses de inverno tradicionalmente se rexistran poucas visitas, este ano “case todos os días houbo algún peregrino neste albergue”, tal como explica a responsable das instalacións, Sonia González Castro. A época de maior demanda é o verán. Nos meses de xullo e agosto o albergue colgou todos os días o cartel de “completo”, ao cubrir as 42 prazas das que dispón. E neste mes de setembro tamén se está a rexistrar unha elevada ocupación. O Camiño de Santiago é o que máis peregrinos acolle, despois do Francés, e o traballo de divulgación feito sobre este roteiro nos últimos anos está a dar os seus froitos. Peregrinos chegados de Alemaña e Polonia son xa frecuentes na Casa da Torre, e tamén os procedentes doutros puntos de Europa, e mesmo de América, Oceanía ou Suráfrica. No que vai de ano son case 7.000 os peregrinos que pasaron a noite neste albergue, polo que todo apunta a que este 2012 vai superar todas as expectativas.  

Sonia González responsable da Casa da Torre
Un ano de elevada ocupación no albergue de peregrinos.
O Camiño Portugués en auxe
Cada vez son máis os que elixen a ruta desde o país luso ata Compostela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará