Efectivos do Grumir de Redondela, apoiados pola Policía Local, sufocaron na tarde de onte unha queima incontrolada nunha finca preto da estrada da praia.
O lume foi detectado minutos despois da tres da tarde nunha finca de Cesantes, nunha parcela con matogueiras. A rápida intervención dos medios de emerxencia permitiu controlar o lume en tan só media hora, e evitar que se estendera a outras fincas lindeiras. Segundo datos da Policía Local no sinistro arderon uns 600 metros cadrados de matogueira.