Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

EU chama á cidadanía a mobilizarse para evitar que Fomento siga coa ampliación de Rande

RR_Noticias

O goberno continúa adiante co proxecto de ampliar a AP-9, segundo a contestación que o executivo central lle deu a Esquerda Unida no Congreso dos Deputados. A formación reclama un estudo de impacto ambiental e rexeita a ampliación, que beneficia á empresa privada Audasa, e propón como alternativa mellorar o transporte público.

Desde EU interesáronse polas medidas correctoras que ten previsto o Ministerio de Fomento para atenuar o ruído que afectará ás 447 vivendas máis próximas, e as medidas que se van levar a cabo para evitar a contaminación dos polígonos de bateas e os cultivos mariños por mor das obras. As obras entre Cangas e Teis, tramo no que se inclúe a ampliación da ponte de Rande, teñen un orzamento previsto de 149 millóns de euros, segundo se recolle na resposta do goberno. Fomento tamén subliña que non é preciso realizar unha avaliación ambiental, logo das consultas previas, tal como o confirmou a Audiencia Nacional. EU manifestou o seu rexeitamento a esta obra, xa que o contrato de concesión implica unha compensación económica por parte do Estado para Audasa, empresa adxudicataria. Apesares de que as peaxes son superiores a inflación, denuncian que o Ministerio de Fomento “premia” a Audasa cunha nova prorroga de 40 anos, o que “supera amplamente” o tempo que esixe Facenda para amortizar os traballos. Dende o ano 2006 o tráfico do tramo diminuíu unha media de 3.000 coches diarios, e todo apunta que a crise a suba dos carburantes fará que a cifra “siga minguando”. Por estes motivos dende Esquerda Unida fan un chamamento á cidadanía de Chapela e do conxunto de Redondela para manter “unha mobilización sostida”, para evitar a ampliación da autoestrada.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará