Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta homenaxea ao C.R. Chapela e aos demais participantes das regatas da Concha

RR_Noticias

O presidente, Alberto Núñez Feijóo, recibiu na praza do Obradoiro aos redondeláns, xunto cos clubs Rianxeira, Tirán Pereira e Amegrove. Entre as campioas da Bandeira da Concha feminina tamén estaban as redondelás Jenifer Casal e Silvia Úbeda, que participaron no acto coas súas compañeiras do Mecalia.

A excepcional tempada do remo galego tivo onte o seu reflexo na capital galega. As tripulacións de Chapela, Mecalia Rianxeira, Sociedade Deportiva Tirán Pereira e Amegrove foron recibidas onte en Santiago de Compostela polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, nun acto no que tamén estivo presente o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete. Foi unha sentida homenaxe a catro equipos que levaron as traiñeiras da comunidade galega á primeira plana nacional nas últimas semanas. Feijóo salientou o bo momento que vive o deporte galego “cunha morea de éxitos” e amosoulles ou seu respecto e admiración en nome de Galicia polo traballo e polos éxitos destes equipos. As remeiras de Mecalia Rianxeira, campioas da Bandeira da Concha por quinto ano consecutivo, acudiron coa insignia que as acredita como vencedoras desta competición. Entre elas dúas redondelás, Jenifer Casal e Silvia Úbeda, que estiveron coas súas compañeiras, o seu adestrador, Beni Silva, e a delegada, Araceli Fernández. Ademais do puramente institucional, a principal preocupación dos clubs galegos de remo é o apartado económico, e neste sentido o diñeiro que reciben das institucións públicas é pouco menos que básico para a súa supervivencia dentro da elite. No seu discurso Núñez Feijóo non fixo ningunha referencia a este apartado, pero si é certo que se produciron conversacións informais respecto diso.
Recepción no Concello
O C.R. Chapela recibirá tamén esta tarde unha homenaxe no Concello de Redondela, onde serán recibidos polo alcalde, Javier Bas, ás 19.00 horas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará