A agrupación propón que o Concello de Redondela implante placas solares nos edificios municipais, que asesore ós empresarios neta materia e que estableza convenios coas Comunidades de Montes para o aproveitamento da biomasa forestal.
EU entende que a eficiencia enerxética “é o punto de partida” cara o cambio de modelo produtivo que permita “incrementar a competitividade” das nosas empresas e xerar emprego. Esquerda Unida insta así ao goberno local e a Xunta a seguir o exemplo do instituto Tecnolóxico de Galicia. Así propón que se cree un servizo que non só promova o aforro senón que “asesore aos emprendedores” naquelas actividades produtivas que sexan máis sustentábeis e menos dependentes do petróleo. Eu propón ao Pleno do Concello que rexeite o Real Decreto-Lei do Ministerio de Industria que suprime as axudas económicas para novas instalacións de coxeneración, fontes de enerxía renovables e residuos. Tamén se propón instar ao Goberno central a que siga fomentando as enerxías renovables co fin de alcanzar o obxectivo do 20%, como mínimo, do consumo enerxético con procedencia de renovables para o 2020. Piden tamén o apoio dos grupos da corporación para que o Concello de Redondela implante progresivamente placas solares nas dependencias municipais para a produción de enerxía eléctrica e para quentar o auga. Tamén solicitan que se fomente a bioconstrución tanto en dependencias municipais como en vivendas particulares, para acadar unha maior eficiencia enerxética e diminuír o consumo. Tamén solicitan que se fomenten sistemas de aforro de auga que permitan utilizar as augas depuradas para regadío, baldeo, etc. Propoñen tamén crear coas Comunidades de Montes un plan de xestión para a produción de biomasa, para a produción de enerxía que alimente a dependencias municipais.