Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños de Chapela esixen unha participación activa na comisión de seguimento da piscina

RR_Noticias

Colectivos da parroquia denuncian a demora na creación desta comisión, que foi aprobada por todos os grupos da corporación no pleno do mes de abril. Denuncian que despois de tres anos as instalacións do Centro de Deportes Acuáticos seguen pechadas e que o investimento, superior ós 5 millóns de euros “non serviu para nada”.

A Asociación de Afectados pola AP-9 e a Comunidade de Montes de Chapela advirte que aínda non se convocou a comisión de seguimento da Piscina de Chapela. Hai case cinco meses que foi aprobada a súa creación, e os veciños presentaron no mes de xuño os nomes dos seus representantes. Pero aínda non se puxo en marcha, o que demostra segundo este colectivo “a falta de interese da corporación municipal”. César Domínguez, vocal da Asociación de Afectados Chapela Autopista Rande-Teis, esixe que se cree a comisión e que os representantes veciñais teñan “unha participación activa”, e que non sexan “meros espectadores do que decidan os políticos”. Dende o colectivo aseguran que nos comezos do proxecto as asociacións da parroquia xa rexeitaron esta obra, tanto polo seu elevado custo como por entender que existen “outras prioridades na parroquia”, como o caso dun Centro de Día para maiores, ou unha gardería infantil. Domínguez cuestiona tamén a idoneidade do lugar elixido para a construción, e afirma que existían “moitas alternativas de terreos en Chapela onde poder construír a piscina” para facer a obra máis barata. Asegura que os 5,4 millóns de euros investidos ata o de agora serían suficientes para ter feito unha Piscina Municipal, un Centro de Día, unha Gardería “e aínda sobrarían cartos”.    

César Domínguez Plataforma Afectados AP-9
Pide que se cre a comisión e que os representantes veciñais teñan unha participación activa.
O funcionamento da piscina é inviable
Dende a plataforma consideran que Chapela ten outras necesidades prioritarias.
Necesidades Chapela
Domínguez asegura que os custes poderían terse reducido buscando outra localización e investido eses cartos noutras infraestruturas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará