Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Plataforma en Defensa da Cultura reúnese co alcalde para aclarar a xestión das axudas

RR_Noticias

Representantes do colectivo manterán esta tarde unha xunta con Javier Bas e co concelleiro de Cultura, Alberto Pazos, co obxectivo de coñecer as axudas económicas ó festival Lolapop e os criterios do goberno local para subvencionar actos socioculturais.

A Plataforma, da que forman parte máis de vinte colectivos culturais, sociais e veciñais de Redondela, amosa a súa “preocupación” pola actividade e xestión cultural no Concello de Redondela, “pola axeitada xestión dos recursos públicos” no referente á cultura e polo afán de dinamizar culturalmente todo o municipio con todo tipo de actividades, tanto na vila como en todas as parroquias de Redondela. Na xuntanza pedirán explicacións os responsables locais pola subvención de 20.000 euros ó festival Lolapop, celebrado o pasado 8 de setembro en Cesantes. Ademais esixen do goberno local información sobre “os criterios que se están empregando para a concesión de axudas a eventos socioculturais” por parte da concellería de cultura en Redondela. Desde a Plataforma pretenden colaborar co Concello para establecer “uns criterios claros e obxectivos” a través dunhas bases públicas, que actualmente non existen, para o establecemento de axudas e de convenios culturais.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará