A concellería de Participación Cidadá pon en marcha estes cursos, cos que os participantes poderán utilizar produtos da horta para elaborar ricos pratos de repostería, augardentes caseiras, remedios para curar afeccións leves, ou mesmo confeccionar cestos.
A matrícula está aberta, e os interesados poden inscribirse no Concello, no departamento de Participación Cidadá. A edil responsable, Herminda Quelle, salienta que se trata dunha boa oportunidade para aproveitar recursos “que temos na nosa horta” e elaborar con eles receitas saudables, licores, remedios para algunhas enfermidade, ou mesmo elaborar un fermoso cesto coas vimbias que atopamos nas leiras. O curso de Licores caseiros comezará o 5 de outubro,o de Sobremesas Tradicionais o 2 de outubro, o de Cestería o día 4 de outubro e o de Remedios naturais o mércores día 3. Todos se impartirán un día á semana, en horario de 20.00 a 22.00 horas, na Casa do Mar de Redondela, no Paseo do Pexegueiro, número 3.