Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Corenta técnicos de son participan nun curso de masterización na Illa de San Simón con Bob Katz

RR_Noticias

O curso está impartido polo prestixioso técnico estadounidense, un dos referentes internacionais no ámbito do “mastering” musical. A iniciativa que promoven a Agadic e a empresa galega DotBeat! reúne este mércores e xoves na Illa do Pensamento a 43 profesionais de son procedentes dos máis prestixiosos estudios de gravación de toda España.

O curso, denominado “Mastering Days con Bob Katz”, abordará os procesos de gravación e masterización musical de xeito minucioso. As xornadas, coas que se dá continuidade á aposta formativa para profesionais do sector iniciada o pasado ano co curso “Históricos do rock”, estará impartido polo estadounidense Bob Katz, autor do libro Mastering Audio: The Art and the Science, traducido a cinco idiomas e considerado por moitos especialistas como a biblia do mastering.
 
Desde principios dos anos noventa, katz, dirixe o seu propio estudio: Digital Domain, en Florida (Estados Unidos), por onde pasaron discos de artistas e grupos como Rubén Blades, Tito Puente, Afro-Cuban All Stars, McCoy Tyner, Spanish Harlem Orquestra ou Livingstone, dos cales, tres deles foron galardoados cos premios Grammy.
 
O programa do “Mastering Days” divídese en 17 apartados de análise técnica e a través de casos prácticos, ademais de ofrecer a posibilidade de que os alumnos presenten unha mostra dalgún dos seus traballos, de entre as que o profesor seleccionará un total de 10 temas para o seu posterior exame durante o curso.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará